Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións na especialidade 593084 Canto de jazz e 593086 contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) [1]
Enviado por administrador a Ven, 15/11/2024 - 13:00Publícase a resolución do 15 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade 593084 Canto de jazz e 593086 contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 18 de novembro ata o venres 22 de novembro ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada [2] e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o luns día 18 de novembro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012 [3]. Para obter máis información ao respecto prema aquí [4].
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí [5].
File: