Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans" [1]
Enviado por boletin a Ven, 11/10/2024 - 10:57Desde a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ponse en marcha o Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans", do que se celebra a súa oitava edición.
A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensinanza.
O obxectivo é dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música.
Na web da federación hai dispoñible máis información sobre o concurso. Achégase a ligazón e o cartel con toda a información.
Tema:
Sección: