Iniciativa "Camiñando pola vida" [1]
Enviado por boletin a Mér, 02/10/2024 - 10:48A iniciativa Camiñando pola vida constitúe unha acción a través da que se pretende contribuír non só a dar a coñecer entre as máis pequenas e os máis pequenos a beleza dos nosos itinerarios, senón tamén a importancia de coidar o contorno polo que estas rutas discorren. Por iso esta acción desenvolverase dunha forma lúdica e participativa, a través dun concurso nos centros educativos públicos no que o alumnado terá que pintar un mural relacionado co coidado dos Camiños Naturais e o medio ambiente. No concurso poderá participar alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación infantil e de primeiro a cuarto curso de primaria de centros públicos.
Os centros educativos que desexen participar deberán organizar un taller e pintar un mural do tamaño que consideren e cos materiais que prefiran co lema "Colores que Conciencian" e remitir os traballos en formato jpg ao enderezo de correo electrónico inscripcion@coloresqueconciencian.com [2] segundo a forma establecida na convocatoria.
Prazo: ata o 22 de novembro de 2024 (incluído).
Información ampliada e inscrición: https://coloresqueconciencian.com/ [3]
File:
Tema:
Sección: