Premios Estratexia NAOS 2024 [1]
Enviado por boletin a Mar, 01/10/2024 - 09:45A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) convocou os XVIII Premios Estratexia NAOS, edición 2024 co obxectivo de recoñecer e divulgar aqueles programas ou proxectos que fomenten unha alimentación saudable e/ou a práctica de actividade física, obxectivos da Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e prevención da Obesidade (Estratexia NAOS), en calquera dos ámbitos de actuación desta Estratexia: familiar e comunitario, escolar, laboral, sanitario/socio-sanitario e empresarial.
Para participar cumprirá enviar os proxectos ou programas que compartan obxectivos coa Estratexia NAOS. Poden enviar as solicitudes aqueles proxectos que non se presentaron nunca e tamén proxectos que optaran a estes Premios e/ou que conseguiran un accésit en outras convocatorias pero que non foran premiados.
Os modelos de formularios para cubrir a solicitude de participación e a memoria xustificativa do proxecto, forma de entrega, así como outra información básica para esta edición pode atopala no enderezo web de referencia ao que pode acceder directamente premendo aquí. [2]
A documentación deberá entregarse de forma telemática a través do Rexistro Electrónico Xeral da Administración Xeral do Estado.
Prazo de presentación de solicitudes: prazo xa aberto ata o 11 de decembro de 2024 (incluído).
Tema:
Sección: