Sección da RAG dedicada a Luísa Villalta no Día das Letras Galegas 2024 [1]
Enviado por boletin a Lun, 13/05/2024 - 09:31A Real Academia Galega mantén activa dende o pasado mes de xaneiro a sección dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024 [2], na que reúne distintos contidos divulgativos sobre a súa vida e a súa obra. Entre eles destacan a serie documental web Luísa Villalta, a rebelión da palabra [3], seis episodios nos que máis dunha vintena de voces trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa á que a institución lle dedica o vindeiro 17 de maio; e a biografía da homenaxeada [4] que asina a académica de número Ana Romaní.
Tema:
Sección: