Publicación das gañadoras do I Premio BREVITER de microrrelatos do IES Arcebispo Xelmírez I [1]
Enviado por boletin a Ven, 19/04/2024 - 14:11O 18 de abril de 2024 reuniuse o xurado do I Premio BREVITER de microrrelatos, composto por Laureano Araujo (presidente), Anaísa Amorim (secretaria), Sergio Frade, Adrián Noya e Rodrigo Ruiz, que decidiu outorgar dous premios de 300,00 euros cada un.
- Na categoría de microrrelatos literarios ou poemas, a obra gañadora é "O avó do souto vello", da súa alumna Xela Rodríguez Domínguez.
- Na categoría de microrrelatos audiovisuais galardóase a obra "A industria téxtil", de Eliana Noemí Correa Aillón, do IES As Lagoas (Ourense).
A entrega dos premios vai ter lugar no mes de xuño, nun acto público no instituto.
Gallego
Tema:
Sección:
Boletín [5]