Premio Europeo ao Ensino Innovador (European Innovative Teaching Award) [1]
Enviado por boletin a Mér, 03/04/2024 - 08:00Os EITA (polas súas siglas en inglés: European Innovative Teaching Awards) son uns premios anuais que se outorgan por primeira vez en 2021, coincidindo co lanzamento do novo programa Erasmus 2021-2027. O premio quere resaltar as prácticas docentes sobresalientes dentro do programa Erasmus e recoñecer o traballo do profesorado e dos seus centros educativos participantes en proxectos de cooperación europea. Esta iniciativa pretende poñer de relevo o valor da cooperación europea no ámbito da educación, así como ao establecemento do Espazo Europeo de Educación.
Outórganse 4 premios por cada país participante no programa Erasmus, un por cada unha das seguintes categorías: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Formación Profesional. As Axencias Nacionais do programa Erasmus son as encargadas de realizar a selección dos premiados. Trátase dun recoñecemento ao labor dos profesores que non conleva dotación económica.
O premio ten un enfoque temático cada ano e recoñece aos docentes e centros que cos seus proxectos abordasen algunha das prioridades establecidas polo Espazo Europeo de Educación. O tema que se elixiu para esta primeira convocatoria é a aprendizaxe a distancia e combinado, vinculado ao Plan de Acción de Educación Dixital [2] e ao contexto da COVID-19.
Os obxectivos do Premio Europeo ao Ensino Innovador (EITA) son:
- recoñecer os logros dos docentes e dos centros, así como homenaxear o seu traballo.
- identificar e promover prácticas de ensino e aprendizaxe sobresalientes.
- utilizar o premio como medio de aprendizaxe mutua.
- destacar o valor do programa Erasmus para a colaboración do profesorado europeo e a creación do Espazo Europeo de Educación.
Más información en: http://www.sepie.es/iniciativas/eita/index.html [3].
File:
Tema:
Sección: