G2301040 - Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións no centro educativo [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 18/03/2024 - 11:30Actividade formativa de 20 horas de duración.
Terá lugar o 6, 12, 17, 24 e 27 de abril na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).
Gallego
- Obxectivos:
- Manexar con fluidez a normativa vixente segundo as necesidades.
- Ser quen de aplicar de forma axeitada a normativa vixente.
- Actuar como referente resolvendo dúbidas normativas entre os compañeiros.
- Contidos:
- Procedemento administrativo común.
- Réxime xurídico aplicable aos centros e aos órganos colexiados.
- Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral.
- Normativa financeira.
- Normativa relativa ao menor.
- Protección de datos.
- Permisos e licenzas.
- Tramitación de seguros.
- Competencias profesionais:
- Competencia en organización escolar e colaboración.
- Coñecemento da normativa actualizada.
- Detalle da actividade (Fprofe) [2].
Inscrición aberta en Fprofe: G2301040.

File:
Departamentos [11]