Ampliado o prazo de inscrición nos cursos de Formación para a Acreditación da Competencia Dixital Docente con vacantes [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 18/09/2023 - 15:47Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede de Formacion para a Acreditación da CDD dos niveis A1, A2 e B1 que se están a ofertar en FProfe para este trimestre debido a que todos eles dispoñen de prazas vacantes. A data límite de inscrición para estas actividades adiouse ata o 24 de setembro. En concreto os cursos son:
- G2301049 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 3 e 4 do nivel A2 - 15 horas
- G2301052 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel A2 - 20 horas
- G2301053 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1 - 25 horas
- G2301057 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A1 - 40 horas
- G2301059 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A2 - 50 horas
- G2301061 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel B1 - 70 horas
A inscrición realízase a través da aplicación Fprofe no enderezo www.edu.xunta.gal/fprofe [2] na pestana de consulta/inscrición.
