Resolución definitiva de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados para profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD e ... [1]
Enviado por administrador a Xov, 04/05/2023 - 08:01Xúntase a Resolución do 26 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
Unha vez publicada a dita resolución no Diario Oficial de Galicia, o persoal concursante poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, cómpre subliñar que, de conformidade coas disposicións normativas que rexen as adscricións temporais, en réxime de comisión de servizos, por motivos de saúde e de conciliación, o prazo de presentación de solicitudes de dez (10) días hábiles iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.