Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo de profesores técnicos de formación profesional [1]
Enviado por administrador a Mér, 25/01/2023 - 14:39Xúntase a Resolución do 25 de xaneiro de 2023, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.