Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres [1]
Enviado por administrador a Xov, 22/12/2022 - 09:17Xúntase a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A).
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 10 de xaneiro de 2023 ata o día 30 de xaneiro de 2023, ambos incluídos
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.