Bolsas Retorna mocidade FP. Listaxe provisional de solicitudes. Convocatoria 2022 [1]
Enviado por administrador a Lun, 31/10/2022 - 10:02Publicada a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas das bolsas Retorna mocidade convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2022.
As persoas excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación na páxina web, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e nas condicións que se establecen no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación deberase achegar a través da aplicación aloxada no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ [2].
- Máis información [3]