Inscrición aberta para os cursos do itinerario de ensino semipresencial [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 27/10/2022 - 14:00O prazo de inscrición do primeiro curso ofertado dentro deste itinerario remata o vindeiro 8 de novembro, xa que comeza neste primeiro trimestre. O resto de cursos realizaranse no segundo e terceiro trimestres.
Ofértanse catro cursos dirixidos a todo o profesorado sobre aspectos clave no ensino semipresencial: a autonomía, o acompañamento, a plataforma e a avaliación da aprendizaxe.
- G2201117 Ensino semipresencial. Fomentar a autonomía do alumnado [2] (data límite de inscrición, 8 de novembro. Inicio no primeiro trimestre)
- G2201118 Ensino semipresencial. Converter a avaliación en motor da aprendizaxe [3](data límite de inscrición, 18 de decembro. Inicio previsto para o segundo ou terceiro trimestre)
- G2201119 Ensino semipresencial. Conectar dous mundos a través da aula virtual [4](data límite de inscrición, 18 de decembro. Inicio previsto para o segundo ou terceiro trimestre)
- G2201120 Ensino semipresencial. Acompañar o alumnado na súa aprendizaxe [5] (data límite de inscrición, 18 de decembro. Inicio previsto para o segundo ou terceiro trimestre)
Estes cursos na Rede teñen unha duración de 20 horas e realízanse a través da plataforma PLATEGA.
