Cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio” [1]
Enviado por boletin a Xov, 06/10/2022 - 13:54O Programa de Formación e Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza os cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio” dirixidos ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas.
Estas actividades teñen solicitada a homologación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación permanente do profesorado.
A duración de cada curso é de 21 horas (15 presenciais e 6 non presenciais).
Toda a información relativa á inscrición, datas de celebración das diferentes sesións e temática pode consultarse a través das seguintes ligazóns:
Curso Maxima: https://sites.google.com/view/curso-maxima-em/inicio [2]
Curso R: https://sites.google.com/view/curso-r-em/inicio [3]
O prazo de inscrición vai do 10 de outubro ao 10 de decembro de 2022.
Tema:
Sección: