Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2022/23 [1]
Enviado por administrador a Mar, 02/08/2022 - 14:24Xúntase Resolución do 2 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2022/23 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto sétimo da Resolución do 7 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]). utilizando o código de procedemento ED002B e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.