Publicación da distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes nos procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 [1]
Enviado por administrador a Ven, 10/06/2022 - 13:24Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia n.º 20, do 31 de xaneiro).