Publicación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba dos procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 [1]
Enviado por administrador a Xov, 09/06/2022 - 14:08Xúntase a Resolución do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia n.º 20, do 31 de xaneiro), polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.