Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23 [1]
Enviado por administrador a Lun, 06/06/2022 - 10:28Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23 (código de procedemento ED306A). (DOG núm. 107, do 6 de xuño).
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2022 (este incluído).
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
File:
