G2103023 O teatro infantoxuvenil [1]
Enviado por portalcafi a Dom, 22/05/2022 - 09:23
O teatro infantoxuvenil, é unha iniciativa formativa de Galix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) coa que colabora o Servizo de Formación do Profesorado por medio do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e afondará no teatro e nas súas potencialidades na educación infantil, primaria e secundaria ao longo de tres sesións formativas.
Esta actividadel -que se desenvolverá do 14 ao 16 de xuño- xira arrededor do teatro e as súas potencialidades na educación. Entre os seus obxectivos figuran dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar o teatro e a dramatización a infantes e adolescentes; divulgar experiencias e producións de literatura infantil e xuvenil galega da man dos/as propios/as creadores/as ou valorar o papel do profesorado e da escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.
- Código en fprofe: G2103023
- Horario:
- 14 de xuño de 18:00 a 20:00h
- 15 de xuño de 17:00 a 20:00h
- 16 de xuño de 17:00 a 20:00h
- Modo de seguir a actividade:
- Presencialmente na aula 9 d CAFI en Santiago de Compostela
- Videoconferencia por Webex
Máis información en www.edu.xunta.gal/fprofe [2]
