Listaxes definitivas de persoal admitido e excluído no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, APD e EOI [1]
Enviado por administrador a Mér, 01/12/2021 - 13:55Xúntase a Resolución do 1 de decembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas definitivas de persoal admitido e excluído do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 22 de xuño)
- O persoal concursante poderá presentar recurso de reposición contra a citada resolución no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao desta publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- O citado recurso poderá presentarse por calquera dos medios aos que alude a base 3.8. da orde de convocatoria.