Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC) [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 02/09/2021 - 16:24Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.
Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.
Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011 [2], de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe [3].
Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:
Zona de Santiago de Compostela
- Sección do Sar
- S2301030 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2
(Luns e xoves de 18:00 a 20:00h)
- S2301032 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1
(Mércores e xoves de 16:30 a 18:30h)
- S2301033 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C2
(Luns e xoves de 16:30 - 18:30H)
- Sección de RIbeira
- S2301031 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1
(Martes e xoves de 19:30 a 21:30h)
