Publicación da Resolución de 27 de xullo de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 [1]
Enviado por administrador a Mar, 27/07/2021 - 17:54Publicación da Resolución de 27 de xullo de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional é o comprendido entre os días 28 e 29 de xullo de 2021, ambos incluídos.
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]). De formular a reclamación de xeito presencial, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de http://edu.xunta.es/cadp [3] e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. As instrucións para formular renuncias estarán dispoñibles na páxina de inicio de CADP a partir de mañá, día 28 de xullo de 2021.