Instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2021/22 [1]
Enviado por administrador a Ven, 02/07/2021 - 09:31Xúntase a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2021/22.
- Prazo de preinscrición.
As preinscricións realizaranse desde o 1 ao 14 de setembro. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo establecido nesta resolución, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta [2] e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II.
- Período de matrícula ordinaria:
Do 1 ao 9 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
- Período de matrícula extraordinaria:
Do 9 ao 30 de setembro, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 9 e o 16 de setembro.
File: