Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2020/2021 [1]
Enviado por administrador a Xov, 01/07/2021 - 10:57A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional resolveron a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística, para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2020/2021.
Ao abeiro desta convocatoria, seleccionáronse cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
-
As palabras no Camiño II, do IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis)
-
Traballa cos teus soños, do CEIP do Carballal (Marín)
-
Ler e só o principio, do IES David Buján (Cambre)
-
Editorial: altofalante da palabra adxectivada, do CEIP Heroínas de Salvora (Ribeira)
-
#Sonmonte, do IES Illa de Ons (Bueu)
Cada un deles recibirá unha dotación económica de 2.000 €. O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.