Competencia dixital [1]
Enviado por asesoria.tic a Mar, 22/06/2021 - 10:39![]() |
![]() |
![]() |
A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación [5](Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:
- O Marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes [6] é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do Plan Dixital [7] de centro.
- O Marco Galego de Competencias Dixitais [8], que toma como referencia o Marco Europeo de Competencias Dixitais para a Cidadanía [9] (DigComp 2.2) [10], é a referencia para a competencia dixital do alumnado. Nesta ligazón [11], a versión en castelán [11].
- O Marco Europeo da Competencia Dixital Docente (DigCompEdu [12] nas súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado. A tradución ao galego pode descargarse nesta ligazón [13]e así como unha folla resumo do marco nesta outra [14]. Partindo do DigCompEdu, as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Educación e Formación Profesional realizaron unha adaptación ao contexto educativo do Estado español que resultou na publicación, no BOE do 16 de maio de 2022 [15], da actualización do Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente [16].
Neste camiño da dixitalización do ensino, a Xunta de Galicia desenvolve a Estratexia Educación Dixital 2030 [17], que consta de 12 accións de impacto que pivotan sobre dous eixes:
- Xerar “un ecosistema” dixital nos centros educativos.
- Formar tanto a profesorado como a alumnado nestas novas competencias e tecnoloxías.
[17]Nas liñas estratéxicas dos eixes para acadar ecosistemas educativos dixitais e perfeccionamento das competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital, a Consellería incide nas seguintes accións:
- A implementación, seguimento e avaliación do Plan Dixital de Centros.
- A constante mellora dos contidos dixitais.
- A acreditación das competencias dixitais da comunidade educativa.
File:
Tema:
Sección: