G2002077 Tecnoloxía e creación maker [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 15/03/2021 - 13:40O próximo mes de abril desenvolveranse as xornadas “G2002077 Tecnoloxía e creación maker” [2]todos os venres en formato virtual.
En cada videoconferencia ofrecerase unha visión actual sobre tendencias máis innovadoras no campo tecnolóxico e educativo, tratando de potenciar o desenvolvemento de proxectos STEM/ STEAM nas aulas galegas. O obxectivo desta conexión cas novas tendencias tecnolóxicas é o estabrecemento dunha cultura maker nos centros interesados que pensen en ofrecer alternativas prácticas ao seu alumnado.
As charlas están desenvoltas por 4 referentes nacionais:
-Venres 9 de abril: Nuria Robles [3], directora do Fablab León.
-Venres 16 abril: Concha Monje, [4] investigadora en robótica da Universidade Carlos III de Madrid.
-Venres 23 de abril: Nerea Luis [5], doctora e investigadora en Intelixencia artificial.
-Venres 30 de abril: Maria Castellanos [6], artista, investigadora e creadora de dispositivos tecnolóxicos.
Despois da charla os asistentes poderán establecer un diálogo coa convidada facéndolle chegar as súas preguntas e consultas sobre a temática exposta.
Datas: 9, 16, 23 e 30 abril
Horario: de 17,30 a 19,30 horas
Prazas: 50
Inscrición e información en FProfe [7] co código da actividade.
