Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego,convocatoria para o ano 2021 [1]
Enviado por administrador a Mér, 27/01/2021 - 10:25Xúntase a Orde do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 27/01/2021
Código de procedemento: ED481B
Forma de presentación: electrónica https://sede.xunta.gal/portada [2]
Prazo de presentación de solicitudes: do 28/01/2021 ao 01/03/2021
Cal é o obxecto destas axudas?
Incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, nesta convocatoria as solicitudes presentadas por entidades alleas ao Sistema Universitario de Galicia (en adiante SUG), citadas no apartado seguinte, poderán presentar a persoal investigador que opte a contar co apoio da Comisión Fulbright e a obter a condición de bolseiros Fulbright.
Novidades desta convocatoria
- A duración global da axuda segue a ser dun máximo de tres anos, pero elimínanse as fases pechadas e estancas de 2 anos no estranxeiro e un de retorno no sistema e substitúense por contratos de un máximo de tres anos de duración nos que as estadías se poden desenvolver ao longo de todo o período.
- Elimínase a limitación de estadías mínimas dun ano de duración en favor dunha distribución que permita realizalas nos períodos que as persoas contratadas e os seus centros de investigación precisen, sempre que a duración mínima sexa de 6 meses e a máxima de 24 meses.
- A convocatoria prevé varios sistemas para aqueles casos nos que, por razóns excepcionais, non sexa posible realizar estadías no estranxeiro e permitirá, en determinados supostos, que se poidan desenvolver en centros de I+D+i nacionais alleos á Comunidade Autónoma de Galicia.
- En consecuencia, modifícanse os conceptos retributivos con respecto a anteriores convocatorias e establécese unha axuda base de carácter salarial que se incrementará con complementos non salariais durante os meses que se permaneza en estadía.
Quen pode solicitar estas axudas?
- As universidades do Sistema Universitario Galego (en diante SUG), ante a Secretaría Xeral de Universidades, a través do procedemento ED481B.
- Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) radicados en Galicia, ante a Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do procedemento IN606B.
- As persoas investigadoras non poden solicitar directamente estas axudas, senón que o teñen que facer a través dalgunha das entidades indicadas, sempre que cumpran os requisitos que se indican no artigo 2.2. da convocatoria.
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
- Intensidade da axuda: 100 %
- Duración das axudas: un máximo de 3 anos
- Orzamento total: 6.920.700 euros (a achega da Secretaría Xeral de Universidades será de 5.652.000 euros e a achega da Gain de 1.268.700 euros)
Número e importe das axudas
Poderanse conceder un máximo de 49 axudas: 40 para as universidades o SUG, das cales 10 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright e 9 para as demais entidades, das cales 2 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.
Os importes destas axudas son os seguintes:
- 28.600 euros brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais.
- Un complemento por cada mes de estadía de:
-
1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).
-
1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2).
-
2.000 euros se o destino da estadía está en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3).
-
- Un total de 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía en EUA para as solicitudes de aquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.
- Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas.
A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal [3]
Información web: http://www.edu.xunta.gal [4]Para solicitudes de entidades alleas ao SUG:
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal [5]
Información web: http://gain.xunta.gal [6]
File: