Adxudicación definitiva dos destinos provisionais obtidos para o curso 2020/21 entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ... [1]
Enviado por administrador a Ven, 02/10/2020 - 09:38Xúntase a Resolución do 10 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se realiza a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo.