Novo espazo de recursos e orientacións para o ensino a distancia [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 27/04/2020 - 13:26Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado, na nosa sección de Formación aberta [2] en Platega o espazo Recursos e orientacións para o ensino a distancia [3]
Este espazo, que non é un curso de formación en si mesmo, consitúe unha recopilación de información útil para o profesorado sobre as ferramentas e posibilidades de desenvolvemento do ensino non presencial na actual situación de emerxencia sanitaria.
Trátase dun espazo vivo que contén ligazóns a titoriais, artigos, bancos de recursos e outros espazos na Rede, organizados nas seguintes categorías:
- Antes de comezar...
- A contorna virtual
- Ferramentas de comunicación
- Busca e curación de contidos
- Creación de contidos
- Metodoloxía e atención á diversidade
- Outros espazos, recursos e exemplos
O espazo continuará a ser actualizado, polo que recomendamos visitalo con frecuencia.
Podedes acceder directamente, sen ser preciso automatriculación, na seguinte ligazón [3].
Para calquera consulta ou suxerencia podedes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal [4]
