6 de febreiro, Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina [1]
Enviado por asesoria.igualdade a Mar, 04/02/2020 - 10:24En 2012 a Asemblea Xeral da ONU declarou o 6 de febreiro como Día Internacional de Tolerancia 0 coa Mutilación Xenital Feminina. Con esta conmemoración a ONU busca promover a erradicación dun problema que atenta contra a saúde sexual de milleiros de nenas en todo o mundo e que constitúe unha violación grave dos dereitos das mulleres.
Segundo UNICEF, a ablación afecta a 44 millóns de nenas menores de 14 anos e a 200 millóns de nenas e mulleres en todo o mundo. Na actualidade a loita contra a ablación constitúe un dos obxectivos do desenvolvemento sostible para 2030 (obxectivo 5).
Para coñecer a dimensión deste problema pódense consultar as seguintes ligazóns:
- Páxina da ONU [2]
- Páxina de UNICEF [3]
- Páxina da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero [4]
- Páxina do proxecto transnacional Unidos para rematar coa MXF [5] (United to END FGM), que contén informes específicos por países (véx. informe sobre España [6])
- Protocolo común para la actuación sanitaria ante la Mutilación Genital Femenina (MGF) [7] (Ministerio de Sanidade 2015)
- La mutilación genital femenina en España [8] (Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero 2015)
File:
Tema: