S1902039 - Xornadas de prevención e coidado da voz para docentes [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 14/01/2020 - 13:04Con este curso, poderemos coñecer os sistemas implicados na emisión de voz, a importancia da comunicación, a linguaxe e a fala, etc. Ademais, tamén se aprenderán os elementos implicados na emisión da voz, a importancia da hixiene corporal, a postura, a respiración, etc. En definitiva, trataranse cales son as pautas adecuadas para emitir a voz para que non se dane esta, dentro do ámbito da docencia, desenvolvendo técnicas específicas de atención á voz.
A actividade está dirixida a todo o profesorado.
- Título: Xornadas de prevención e coidado da voz para docentes [2]
- Código en fprofe: S1902039 [2]
- Relatores: Paloma Rico Castillo e Pedro Vaamonde Lago