S1901046 - Emprego de Arduino en proxectos científicos [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 13/01/2020 - 11:12Código do curso: 1901046
Relator: Diego Abarca Rodríguez
Duración : 20 horas (5 horas non presenciais)
Datas:
5/02/2020
7/02/2020
12/02/2020
28/02/2020
Lugar: CAFI (Santiago de Compostela)
Obxectivos
1.Reflexionar sobre o uso de Arduino como unha ferramenta útil no deseño de proxectos científicos.
2.Deseñar unha proposta concreta de proxecto para poñer en práctica na aula empregando Arduino como unha ferramenta.
3.Desenvolver un proxecto científico aplicando a metodoloxía de traballo por proxectos.
Contidos
1.Aprendizaxe baseado en proxectos (ABP)
2.Placa Arduino. Conexión de sensores e actuadores analóxicos e dixitais.
3.Desenvolvemento dun proxecto científico.
4.Deseño e realización de proxectos científicos que empreguen Arduino.
5.Boas prácticas educativas no emprego de Arduino como ferramenta no traballo por proxectos.
6.Programación do Arduino: Entorno de programación.
