G1901069 - Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta [1]
Enviado por portalcafi a Ven, 10/01/2020 - 14:15Summary:
Referencia: G1901069
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 22/01/2020 -- 06/03/2020
Data límite de inscrición: 12/01/2020
Lugar: Na Rede (Platega)
Prazas: 50
Horas totais: 30
Destinatarios: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos.
Criterios de selección:
1.- Os criterios do plan anual de formación.
Obxectivos:
1. Analizar os servizos financeiros básicos desde a perspectiva do consumo.
2. Proporcionarlle ao profesorado ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.
3. Proporcionarlle ao profesorado as ferramentas necesarias para a aplicación práctica dos contidos na aula e na vida diaria do alumnado.
Contidos:
1. Servizos financeiros básicos.
2. Finanzas na Rede.
3. Elaboración de orzamentos domésticos responsables.
4. Resolución de conflitos en materia de finanzas.
5. Aplicación práctica na aula.
Asesor:
Javier Seoane Bascoy (cafi.tic.programas@edu.xunta.es [2])