A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participou no seminario RELANG [1]
Enviado por administrador a Mér, 19/06/2019 - 12:16A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participou no seminario Relating foreign/language curricula, tests and examinations to the Common European Framework of Reference (RELANG) (Relacionar o currículo, as probas e exames de linguas estanxeiras/segundas linguas co Marco Común Europeo de referencia) que se desenvolveu en Madrid durante os días 29, 30 e 31 de maio 2019 organizado polo SEPIE. Este seminario enmárcase dentro da iniciativa conxunta para a aprendizaxe de lingua Innovative Methodologies and Assessment in Language Learning coordinada polo Centro Europeo de Linguas Modernas (ECML) do Consello de Europa e a Dirección General de Educación y Cultura (DGEAC) da Comisión Europea.
No seminario participaron representantes das Comunidades e Cidades Autónomas e do Ministerio de Educación e Formación Profesional involucrados á toma de decisións sobre o currículo de idiomas de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou as súas probas de avaliación e con capacidade multiplicadora.
File:

Tema:
Departamento:
Colectivo:
Sección: