Convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week para o ano 2019 [1]
Enviado por administrador a Xov, 23/05/2019 - 09:15Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 6 de outubro e o 14 de decembro deste ano.
Solicitudes
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.
- O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 1 de xullo de 2019.
File:
