Premios internacionais de alfabetización da UNESCO 2019 [1]
Enviado por portalcafi a Mér, 08/05/2019 - 10:13Xa poden presentarse candidaturas para os Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO, edición de 2019.
Estes premios valoran a excelencia e a innovación no campo da alfabetización, desde 1967. Recoñecéronse máis de 490 proxectos e programas emprendidos por gobernos, organizacións non gobernamentais e persoas de todo o mundo.
Cada ano, os premios organízanse arredor dun tema específico. O enfoque deste ano é sobre "Alfabetización e multilingüismo".
Estes premios compóñense actualmente dos dous Premios UNESCO de Alfabetización Rey Sejong, patrocinados pola República de Corea e dos tres premios UNESCO-Confucio de Alfabetización, patrocinados pola República Popular China.
O proceso de nominación levarase a cabo a través dunha plataforma na Rede. Os solicitantes poden acceder ao formulario de solicitude na Rede solicitando a creación dunha conta de usuario a través desta ligazón: www.unesco.org/ilp/account [2].
A data límite para as nominacións é o domingo 23 de xuño de 2019.
Tamén atopará información relevante no sitio web dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO: http://en.unesco.org/themes/literacy/prizes [3]
Calquera consulta relacionada co proceso de solicitude e nominación debe dirixirse á Secretaría dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO (teléfono: +33 1 45 68 08 [4] 59; correo electrónico: literacyprizes@unesco.org [5] ).
