A delegación galega participa en máis do 80% das competicións das olimpíadas nacionais de Formación Profesional [1]
Un total de 28 alumnas e alumnos compiten desde hoxe en SpainSkills 2019
Outros 5 estudantes tomarán parte nas demostracións

Un total de 28 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega compiten a partir de hoxe nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid. Do conxunto das 31 skills que se dan cita na capital de España, a nosa Comunidade participa nas 26 modalidades de competición oficial.
Así mesmo outros 5 estudantes de centros educativos galegos tomarán parte en 2 das 5 modalidades de exhibición, en concreto nas de Recepción Hoteleira e Drons. Por outra banda unha decena de profesoras e profesores de centros educativos galegos de FP participaron nestas olimpíadas como expertos no xurado das competicións por skills.
A relación de participantes nas skills é a seguinte:
COMPETICIÓN |
CENTRO PARTICIPANTE |
ALUMNO |
TITOR |
Reparación de carrozaría |
CIFP Ferrolterra (Ferrol) |
Christian Docal Fernández |
Andrés López Chao |
Tecnoloxía do automóbil |
IES As Mariñas (Betanzos) |
Brais Fernández Rocha |
Miguel Vilela González |
Pintura do automóbil |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Hugo Rigueiro Álvarez |
Balbino Trigo Díaz |
Fontanería e calefacción |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Miguel Carballal Vizcaino |
Leticia Conde Castro |
Instalacións eléctricas |
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) |
Esteban Romero Liñares |
Cristina Rey Carballo |
Ebanistaría |
CIFP Someso (A Coruña) |
Brais Mosquera Fuentes |
Benigno Rafael García Amor |
Carpintaría |
IES Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño) |
Jonathan Jose Alfaya Araujo |
José Luis González Álvarez |
Xardinaría paisaxística |
IES Montecelo (Pontevedra) |
Alberto Martínez Garrido Adrián Darriba Bello |
Eliseo Castro Iglesias |
Refrixeración e aire acondicionado |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Diego Ramil Silvosa |
Víctor Manuel Paz Cortiñas |
Mecatrónica |
CIFP Ferrolterra (Ferrol) |
Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra Rafael Regueiro Carballeira |
José Antonio Gómez Rodríguez |
Enxeñaría de deseño mecánico-CAD |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Ainhoa Torres López |
Alberto Pereira López |
CNC Fresado |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) |
David Ucha Pérez |
Javier Fondevila Blanco |
Soldadura |
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) |
Alberto Vidal Lado |
Ovindo Comuñas García |
Electrónica |
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) |
Miguel Messina Añón |
Sabino Vidal Garea |
Control industrial |
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) |
Pablo Chico Segade |
Pablo Pérez Seoane |
Desenvolvemento web |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) |
Iván Rodríguez Salgueiros |
Mª Luz Amaro Lois |
Administración de sistemas en rede |
IES San Clemente (Santiago) |
Alejandro Buján Pampín |
Víctor Manuel Martínez Taboada |
Deseño e animacións de xogos 3D |
CIFP Imaxe e son (A Coruña) |
David Alonso del Moral |
Mónica Parada Gandos |
Tecnoloxía da moda |
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Yéssica Fernández Miño |
Mª Cruz Iglesias Viqueira |
Peiteado |
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) |
Irene Galbán Rodríguez |
Ana Mª Varela Pena |
Estética |
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) |
Laura Abilleira Castro |
Mª Antonieta Fernández Justo |
Panadaría |
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Yamila Sidati Novo |
Avelina Amado Fernández |
Cociña |
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Víctor Paz Soage |
Antonio Vieira Armada |
Servizo de restaurante e bar |
CIFP Manuel Antonio (Vigo) |
Andrés Salgueiro Troitiño |
José Ramón Garrido Cousillas |
Floraría |
IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) |
Cristina Ares Rivas |
Ángeles Camino Saco |
Atención sociosanitaria |
IES Lamas de Abade (Santiago) |
Iria Díaz Granja |
Mª Cristina Robledo Trabanco |
O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.
As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Alemaña).