Requisito de formación en igualdade do novo persoal docente [1]
Enviado por asesoria.igualdade a Xov, 14/03/2019 - 10:22Na convocatoria de oposicións ao corpo de profesorado da Consellería de Educación para 2019 explicítase xa a obriga de realizar un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Trátase de que o novo persoal docente obteña o nivel básico de coñecemento (20 h) regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, [2] polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Pódese consultar esta información na Base vixésima (apartado 20.5) da convocatoria das oposicións [3]. Trátase dun requisito que busca garantir que todo o persoal funcionario posúa un nivel básico de formación en igualdade e prevención da violencia de xénero adaptado ao seu posto de traballo.
Prazos para adquisición do nivel básico (20 h):
- novo persoal de docente: 6 meses (durante a realización da fase de prácticas)
- persoal docente que xa é funcionario: ata 10 anos desde a entrada en vigor do Decreto 70/2017 (isto é, ata o 1/02/2028).
File:
Tema: