I Edición de Coñece o Espazo Abalar [1]
Enviado por administrador a Ven, 06/05/2011 - 12:12Arranca a primeira edición de "Coñece o espazoAbalar”, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos de Galicia que neste curso 2010/2011 sexan centros da Rede Abalar.
Os centros públicos da Rede Abalar interesados en participar, deberán remitir un correo electrónico a abalar.xornada.espazoabalar@edu.xunta.es [2] antes do mércores 18 de maio indicando o nome do centro, dirección postal e datos da persoa de contacto (nome, cargo, teléfono, ...). O CPEIG porase en contacto cos centros interesados para ultimar os detalles e a data da xornada.
Máis información en:
Galego: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/node/115 [3]
Castelán: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/node/116 [4]