Visita de alumnado universitario [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 23/11/2017 - 10:46O pasado 23/11/2017 o CAFI tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado nunha visita de máis de dúas horas. Ao igual que outros anos o director do CAFI, Ángel Rodríguez Sánchez e o asesor do departamento de Formación e Innovación, Jesús Calvo Mallón, presentaron o sistema de formación permanente de profesorado da Rede de Formación da Consellería. Ademais de explicarlles as diferentes modalidades formativas e focos prioritarios de formación, tamén tiveron oportunidade de presentarlles o Modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede, así como o Marco Común de Competencias Docentes que o CAFI está desenvolvendo no seo dunha alianza internacional ao abeiro do programa Erasmus+.
