G1601081 Matemáticas divertidas [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 16/03/2017 - 14:08Dende o 13 de marzo ata o 28 de abril ten lugar un curso na Rede programado para o profesorado de infantil e primaria.
Os obxectivos deste curso inclúen:
1.Fomentar o gusto polas matemáticas, mediante a utilización de metodoloxías activas e manipulativas.
2.Proporcionarlle ao profesorado estratexias didácticas baseadas en xogos, recursos e materiais manipulativos así como distintas estratexias de cálculo e resolución de problemas.
3.Favorecer o deseño de secuencias didácticas contextualizadas e significativas que atendan á diversidade do alumnado.
