Visita de alumnos universitarios [1]
Enviado por pablogulin a Sáb, 03/12/2016 - 09:11O pasado 30.12.2016 o Cafi tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado nunha visita de máis de dúas horas. Nese tempo o director do Cafi, Ángel Rodríguez Sánchez e o asesor responsable do departamento de Formación e Innovación, Jesús Calvo Mallón, presentáronlle o sistema de formación permanente de profesorado da Rede de Formación da Consellería. Ademáis de explicarlles as diferentes modalidades formativas e focos prioritarios de formación, tamén tiveron oportunidade de introducilos no Modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede, así como no Marco Común de Competencias Docentes que o CAFI está a desenvolver no seo dunha alianza internacional ao abeiro do programa Erasmus+.
