Xornadas de Parentalidade Positiva [1]
Enviado por boletin a Ven, 18/11/2016 - 12:56Organismos responsables
Xunta de Galicia. Consellería de Política social.
Universidade de Santiago de Compostela (USC). Grupo de Investigación GI-1754.
Universidade de Vigo. Grupo de Investigación PS1.
Tema das xornadas
Nestas xornadas abordarase o beneficio que a práctica da parentalidade positiva pode ofrecer para os fillos e as fillas, e ofrecerase a todas as persoas asistentes a oportunidade de consultar calquera cuestión relacionada con ela.
Destinatarios/as
Hai dúas modalidades, unha para familias e outra para profesionais.
Datas
O calendario comprende dende o 29/11/2016 ata o 15/12/2016.
Os temas de cada xornada poden consultarse aquí [2].
Inscrición
O formulario de inscrición atópase nesta ligazón: http://www.parentalidadpositiva.com/inscricion [3]
Website:
Ensinanza:
Colectivo:
Sección: