S1601094 Xadrez na educación secundaria [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 17/10/2016 - 13:13Obxectivos
1.Coñecer as normas básicas polas que se rexe o xadrez e as súas posibilidades didácticas.
2.Desenvolver actividades e xogos encamiñados a iniciar ao alumnado no xadrez.
3.Utilizar recursos doutras disciplinas que favorezan o desenvolvemento competencial do xadrez.
Contidos
1.Coñecemento do vocabulario específico e das normas básicas polas que se rexe o xadrez.
2.Realización de xogos e actividades baseados no xadrez.
3.Catalogación de recursos didácticos para a implementación do xadrez na aula.
4.O xadrez como ferramenta que favorece a socialización, o razoamento lóxico, a análise e a reflexión.
Data de comezo: 10 de novembro.
Data de finalización: 24 de novembro.
Horario: 17h a 21h.
Lugar de celebración: CAFI Aula 1.12
Número de horas totais: 20 h.
Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74093 [2]

File: