Relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición 2016 e nomeamento de funcionarios en prácticas [1]
Enviado por administrador a Ven, 19/08/2016 - 09:00Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición no proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 29 de xullo de 2016 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.