Listaxes definitivas de admitidos e excluídos no concurso-oposición ao corpo de inspectores de educación, secundaria, técnicos de formación profesional, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2016 [1]
Enviado por administrador a Mér, 22/06/2016 - 08:55Xúntase a Resolución do 14 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.