Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal docente, convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016 [1]
Enviado por administrador a Xov, 10/03/2016 - 14:20Publicada a adxudicación provisional do concurso de traslados 2016
Pódese consultar a adxudicación no seguinte enlace [2]
De acordo co establecido na base vixésimo oitava, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.
O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será desde o día 11 ao 21 de marzo, ambos incluídos.
As reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base vixésimo primeira, podendo envialas, unha vez rexistradas a:
- Primaria: Fax: 881999241 Correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es [3]
- Secundaria: Fax: 981545484 Correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es [4]