Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i [1]
Enviado por administrador a Ven, 04/03/2016 - 09:22Xúntase a Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria.
- O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade A será dun mes que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG.
- Para a modalidade B o prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 30 de abril de 2016.
File: