Nahono: método de lectoescritura para persoas inmigrantes de lingua árabe [1]
Enviado por administrador a Lun, 25/10/2010 - 09:16NAHONO (“Nosotros”, en castelán) é un método de lectoescritura para persoas inmigrantes de lingua árabe, elaborado pola profesora María Eugenia Gómez André, do centro público EPA (centro de educación e promoción de adultos) con sede no centro penitenciario de Monterroso.
Este método foi seguido e utilizado con proveito por moitos alumnos dese centro durante varios cursos escolares. Trátase, polo tanto, dun material experimentado na práctica docente e froito da experiencia de varios anos.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que promoveu a presente edición do método, ofrece este material ao profesorado de persoas adultas de toda a comunidade autónoma que atende alumnado procedente dos países de lingua árabe.
File: